Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 9M ago
Aggiunto otto anni fa
Contenuto fornito da Radio Liverdade. Tutti i contenuti dei podcast, inclusi episodi, grafica e descrizioni dei podcast, vengono caricati e forniti direttamente da Radio Liverdade o dal partner della piattaforma podcast. Se ritieni che qualcuno stia utilizzando la tua opera protetta da copyright senza la tua autorizzazione, puoi seguire la procedura descritta qui https://it.player.fm/legal.
Player FM - App Podcast
Vai offline con l'app Player FM !
Vai offline con l'app Player FM !
Reportaxes
Segna tutti come (non) riprodotti ...
Manage series 1451999
Contenuto fornito da Radio Liverdade. Tutti i contenuti dei podcast, inclusi episodi, grafica e descrizioni dei podcast, vengono caricati e forniti direttamente da Radio Liverdade o dal partner della piattaforma podcast. Se ritieni che qualcuno stia utilizzando la tua opera protetta da copyright senza la tua autorizzazione, puoi seguire la procedura descritta qui https://it.player.fm/legal.
Todas as reportaxes feitas por Radio Liverdade.
…
continue reading
15 episodi
Segna tutti come (non) riprodotti ...
Manage series 1451999
Contenuto fornito da Radio Liverdade. Tutti i contenuti dei podcast, inclusi episodi, grafica e descrizioni dei podcast, vengono caricati e forniti direttamente da Radio Liverdade o dal partner della piattaforma podcast. Se ritieni che qualcuno stia utilizzando la tua opera protetta da copyright senza la tua autorizzazione, puoi seguire la procedura descritta qui https://it.player.fm/legal.
Todas as reportaxes feitas por Radio Liverdade.
…
continue reading
15 episodi
Tutti gli episodi
×R
Reportaxes
![Reportaxes podcast artwork](/static/images/64pixel.png)
1 Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista! 1:02:57
1:02:57
Riproduci in seguito
Riproduci in seguito
Liste
Like
Like aggiunto1:02:57![icon](https://imagehost.player.fm/icons/general/red-pin.svg)
Con este programa queremos facer memoria. Un pedaciño efímero do feminismo a partir da recollida de sons, ritmos e ideas que atravesaron corpos e lugares o domingo 3 de marzo do 2019, durante a manifestación galega que tivo lugar en Lugo desta volta, e tamén o venres 8 en Ourense, día de folga de coidados, estudantil, laboral e de consumo, así como de celebración, de re-encontros na rúa e de loita, día no que remexerse e pronunciarse de xeito público e colectivo ante as inxustizas, a falta de liberdades e dereitos.…
Dez anos despois da posta en marcha de leis que hoxe seguen sendo avanzadas en materia de xénero, o sistema de apoio e protección das mulleres que sufren violencia machista en Galiza precisa dunha profunda revisión para a análise de todo o que esta fallando en materia de atención, prevención e acompañamento. A situación dos xulgados de violencia (en Ourense inexistente), das sentencias que continúan revitimizando ás mulleres ou dos mecanismos de acompañamento en todo o proceso son nestes momentos alarmante e non estan dando a resposta que as mulleres precisan.A vaga de recortes sociais favorecen ademais a mala calidade dos servizos que deben velar pola atención das mulleres. Falta personal preparado, formado e con experiencia en todos os espazos nos que se disponibilizan recursos para a atención a mulleres que sufren violencia machista. A nivel municipal, nacional e estatal as proclamas sobre a importancia da igualdade e da loita contra a violencia non se traducen en máis recursos e máis persoal cualificado, polo que o avance real das nosas reivindicacións é escaso.…
R
Reportaxes
![Reportaxes podcast artwork](/static/images/64pixel.png)
1 Traballo final “VIVAS NOS QUEREMOS III” 1:09:24
1:09:24
Riproduci in seguito
Riproduci in seguito
Liste
Like
Like aggiunto1:09:24![icon](https://imagehost.player.fm/icons/general/red-pin.svg)
Trátase dun café conversa artellado entre 3 mozas e do que participan 4 compañeiras máis ás que se lles fixeron unha serie de preguntas... Sen centrarnos nun tema específico, preferimos navegar entre varios. Partimos nun primeiro momento e procurando non reconducir demasiado daquelo que emanase das participantes: agresións e abusos sexuales, voltar a casa soa, o medo, a influencia clave dos medios de “desinformación”, familias e amizades como reprodutoras do medo. Quixemos facer fincapé nas estratexias e fortalezas individuais e colectivas. Escollimos algún dos temas específicos: perspectivas antipunitivas contra as violencias machistas, perspectivas legais e xustiza feminista; masculinidades e violencia, a cuestión dos agresores.. que facemos con eles? Sobre estos lanzamos un par de preguntas concretas, simplemente para coñecer as súas opinións previas sen introducir previamente demasiada información sobre estes aspectos.…
Os micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental.
Nesta gravación podedes atopar a información básica sobre como recuperar landras e sementes para iniciar el proceso de recuperación dos montes queimados. Tamén aprenderedes a elaborar barreiras vexetaís para protexer as cabeceiras dos ríos.
Neste derradeiro capítulo, combinamos días conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade: Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces as Burgas?”. Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capítulo, vos permita coñecer e defender a cara oculta do termalismo ourensán. As lavandeiras são mulheres que moram nas fontes da Galiza e que se apresentam envurulhadas de uma aura misteriosa. Estas lavandeiras cando estão a lavar convidam a quem passa a que lhes torça a roupa. Se a pessoa o faz no mesmo sentido que elas, a ação carrexa-lhe males. Isto ficou associado a forças malignas e mesmo ficaram recolhidas em certas canções tradicionais como eu passei por Vilarinho por Vilarinho cantando as moças de Vilarinho quedam no rio lavando Menina tu es o demo que me andas atentando que no rio, que na fonte sempre te encontro lavando Esta desconfiança pode ter a origem da imagem que se tinha destas mulheres que só desfrutavam de uma parcela de independência e libertade na que criavam um espácio próprio, cousa que representava uma ameaça para os privilégios dos homens. Por isso as acusavam de bruxas e aliadas do demo. AS BAÑISTAS VAN SALVAR OURENSE Segundo contan as crónicas, xa no Ourense medieval non estaba mal considerado pola Igrexa o feito de tomar os baños. As bañistas da cidade non tiñan, polo tanto, un concepto da vergoña tan severo como noutros lares. Tampouco tiñan necesidade de buscar a leña para quentar a auga e os corpos. O termalismo regaloulle a Ourense isto, parte da boa sona do seu pan, industrias como as curtidorías, negocios prósperos como o lavado de roupa e negocios alucinados como a calefacción termal para as familias con posibles. O termalismo foi unha bendición que nos acompaña dende hai 4000 anos. Hoxe, o que promove o Concello, non é termalismo. No que hoxe se invisten millóns de euros é promoción dos bañistas. Onde quedan as industrias do pan (derrubadas polo Concello), onde quedanas casa de baño(derrubadas polo Concello), onde quedarán as lavandeiras e o rianxo. Unha letanía que non para. Por iso, os colectivos agrupados baixo a denominación“Aos comercios, 1920” (ESCUA, AUCE, A.C. Óscar Allos, Radio Liverdade, Kasa Negra, Sustinea, A Bela Auria, MMM, Amigos da Terra, Algaravía, A Galleira e persoas a título particular) promotores de cultura, guías da cidade, coñecedores do patrimonio natural e cultural. Sabedores da riqueza ética e económica que achega á nosa cidade. Preguntámonos Non é termalismo e futuro o pan de Ourense, non é termalismo e turismo un oficio vivo como as lavandeiras (probablemente as últimas de Galicia), non é termalismo e gastronomía o rianxo, non son termalismo os restos arqueolóxicos soterrados baixo cemento. Ou cando queren dicir termalismo, só din BAÑISTAS. Se é así, que o digan as claras. Grazas ao termalismo, en Ourense xa temos tradición de desvergoña. QUE DIGAN: "O FUTURO DE OURENSE, SON AS BAÑISTAS". PEDIMOS: -unha nova política de intervención no BIC das Burgas, máis sensible co patrimonio e cas usuarias. -exposición pública do proxecto da praza de Abastos. -que se aclaren prazos en xeitos de traslado dos lavadoiros da praza de Abastos. -que o Concello requira que a Xunta catalogue a tradición das lavandeiras de Ourense dentro do Catálogo galego de Patrimonio Inmanterial.…
O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a temperatura da auga. Logo, as monitoras do grupo propúñanlles participar no taller “Coñeces as Burgas?” onde os cativos e as cativas no so puideron coñecer a existencia do lavadoiro da praza de abastos, senón tamén deixar as súas visións do patrimonio histórico das Burgas. Neste capítulo, transmitimos unha das visitas guiadas polo arqueólogo Óscar Penín quen, grazas a súas referencias e anécdotas, evidenciou tanto os aspectos históricos e arqueolóxicos da zona como as problemáticas do seu estado actual e futuro. Unha viaxe que nos conducirá dende a época romana ata os nosos días e na que presenciaremos os distintos acontecementos que fraguaron este emblemático espazo ourensán.…
O LAVADOIRO E A LAVANDEIRA Nun radiante día de abril, mentres os raios do sol primaveral alumeaban a cidade de Ourense, un grupo de artistas mergullábase no lavadoiro das Burgas. Sorprendidos por un espectáculo de luces, no que os luminosos raios solares reflectían o movemento da auga contra as paredes, aproveitaron a tremenda acústica do lugar para impregnalo dos seus cantos e dos sons das pandeiretas. Así comezou a xornada do 7 de abril 2017, organizada por varios colectivos ourensáns, co obxectivo de descubrir o patrimonio cultural e histórico da zona das Burgas, permitindo así coñecer a zona en todas súas dimensións. Ata as máis descoñecidas. Un equipo de Radio Liverdade os acompañaba, para inmortalizar o evento e dar conta dos sucesos do día. Neste primeiro capítulo, presenciaredes unha conversa entre o equipo de Radio Liverdade e María, unha lavandeira, no formidábel lavadoiro da praza de abastos. Este espazo, tén unha importancia histórica e cultural manifesta. É aínda o lugar onde moitas mulleres no só se reúnen para lavar a roupa, senón tamén para compartir, falar, e afastarse das súas preocupacións da vida cotiá e... dos homes. É preciso avisar ao oínte de que a nosa presenza alterou a atmosfera do lugar e a tranquilidade que proporciona ás súas usuarias. Ao entrar no lavadoiro, invadimos, sen pretendelo, a intimidade das mulleres. Esa da que adoitan desfrutar en compañía e sen intromisións. Neste senso queremos agradecer a María pola súa confianza e evidenciar o feito de que a desaparición do lavadoiro, non só é unha perda dunha parte do patrimonio cultural ourensán, senón tamén a aniquilación dun dos derradeiros lugares públicos onde se preserva a autoridade e intimidade das mulleres, veteranas ou non.…
Benvenuto su Player FM!
Player FM ricerca sul web podcast di alta qualità che tu possa goderti adesso. È la migliore app di podcast e funziona su Android, iPhone e web. Registrati per sincronizzare le iscrizioni su tutti i tuoi dispositivi.